jueves, 11 de octubre de 2018

COMEZO DE TEMPORADA

Cun pouco de retraso, comezamos neste Blog unha nova temporada. Como todos sabedes tivemos moitos apuros para sacar adiante os equipos ALEVÍN e PREBENXAMÍN pero ao final conseguíuse. Agradecervos a todos os que fixestes posible que fora así.
Nesta temporada 2018/2019 teremos un equipo en cada unha das seguintes categorías:
PREBENXAMÍN, BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL e CADETE.
Todo isto polo que se refire a fútbol campo.
Estamos pendentes de configurar os equipos para fútbol sala, pero probablemente saian equipos en categorías BENXAMÍN e CADETE.
BENVIDAS E BENVIDOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario